Friday 26 de April de 2024

O Concello de Laxe inaugura a IX edición do Mercado Pirata, que se celebrará do 5 ao 7 de agosto


• A praza dos Voluntarios será, durante os próximos días, o lugar elixido para acoller postos de artesanía e alimentación, actuacións musicais e espectáculos de lume.

• O mercado, organizado por Eventos ‘Los Templarios’, abrirá o venres pola tarde e o sábado e domingo durante case todo o día.

O Concello de Laxe colabora con Eventos ‘Los Templarios’ para poñer en marcha a IX edición do seu tradicional e popular Mercado Pirata.

Durante os días 5, 6 e 7 de agosto a praza dos Voluntarios da vila laxense retrocederá no tempo grazas a unha espectacular recreación histórica onde non faltarán a música e a animación cultural, os postos de artesanía e alimentación ou un carrusel ecolóxico.

A apertura do mercado será a seguinte: o venres, de 19 a 23 horas, e sábado e domingo de 11 a 14:30 horas e de 18 a 23 horas. Ademais, todas as noites haberá un espectáculo de lume ás 22:30 horas.

Desde o goberno local felicitan a todo o equipo organizador polo seu traballo agardando que este “IX Mercado Pirata sexa todo un éxito, como todas as pasadas edicións, e que durante os próximos días tanto a veciñanza de Laxe como as persoas visitantes desfruten duns días diferentes e únicos en toda a comarca”.